6 mar. 2013

O BNG INTERÉSASE POLO FUTURO DO PAC DO CORGO

Tralas declaracións efectuadas pola xerente do SERGAS, Nieves Domínguez, que afirmou que o seu departamento está analizando todas as posibilidades para mellorar a eficiencia do sistema galego de saúde, hai certa preocupación tanto na cidadanía como entre os profesionais polo futuro dos Puntos de Atención Continuada (PACs) do rural.

Tendo en conta a dispersión e o envellecemento do noso rural estes centros sanitarios de proximidade vólvense indispensábeis e aínda que estatisticamente non sexan moi concorridos, non significa que sexan innecesarios.

Tendo en conta que detrás de moitos estudos de eficiencia efectuados polos gobernos do PP aparecen novos recortes en servizos públicos, é por isto polo que o BNG do Corgo presentou a seguinte PREGUNTA:

Ten constancia o Sr. Alcalde de futuras medidas de racionalización de recursos respecto dos servizos que na actualidade presta o PAC do Corgo, por parte da Consellaría de Sanidade?

No hay comentarios:

Publicar un comentario