10 mar 2013

O BNG DO CORGO PREGUNTA SOBRE A AMPLIACIÓN DA REDE DE SUBMINISTRO DE AUGA POTÁBEL

O deterioro da calidade das augas provenientes dos pozos particulares por diversas vías de contaminación xunto con períodos de seca cada vez maiores fan das traídas de auga municipais un dos servizos máis importantes e demandados que poden ofrecer as entidades locais.

A zona do concello do Corgo que se distribúe a carón da estrada Nacional VI conta dende hai anos con este demandado servizo. Porén, hai innumerábeis zonas do noso concello sen subministro público de auga potábel que ven agravado o seu problema, nos meses de agosto e setembro, coa seca dos seus pozos particulares.

Por todo isto, o grupo municipal do BNG do Corgo presentou a seguinte PREGUNTA

1.   Ten previsto o concello do Corgo aumentar a rede de subministro de auga potábel?
2.   Se así é, en que lugares se vai a proceder a realizar a ampliación?

No hay comentarios:

Publicar un comentario